Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10313

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionario de carreira dun oficial da Policía local (quenda de mobilidade horizontal).

O concelleiro de goberno responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio, mediante Resolución do 31 de xaneiro de 2017, nomeou funcionario de carreira deste concello a:

Luis Alberto Acuña Martínez, con DNI 44075616-A, para ocupar unha praza de oficial da Policía local da escala básica de Administración especial, encadrada dentro da subescala servizos especiais, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de selección de concurso de méritos, quenda de mobilidade horizontal.

O devandito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Pontevedra, 7 de febreiro de 2017

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde