Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10042

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 23 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 17 de xuño, de subvencións de Galicia, e tendo en conta o disposto no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas coa expresión da convocatoria, o programa, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

Así, de conformidade coa normativa indicada, procédese á seguinte publicación:

Convocatoria: Orde do 23 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria.

Programa/s: Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís de ámbito provincial ou inferior, correspondendo a súa resolución á xefa territorial da Consellería Política Social.

Crédito orzamentario: cincocentos corenta e sete mil trescentos sesenta e catro euros con noventa e cinco céntimos (547.364,95 €), dos que cincuenta e sete mil trescentos noventa e tres euros (57.393,00 €) corresponden á provincia da Coruña.

Aplicación orzamentaria: 11 05 313A 481.0.

Código de proxecto: 2015 00528.

Finalidade: fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Entidades beneficiarias e contía: as entidades beneficiaras, de ámbito provincial ou inferior, e o importe concedido relaciónanse no anexo á resolución.

A Coruña, 14 de febreiro de 2017

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de proxecto

Proxecto

CIF

Entidade beneficiaria

Importe subvención concedida

2016/009-1

Educar, aprender e divertirse con responsabilidade

G70283353

Asociación Grupo Scout Semente

5.000,00 €

2016/021-1

Scouts coa natureza

G15065451

Asociación Diocesana de Escutismo de Santiago de Compostela

3.750,00 €

2016/022-1

Atópate no medio

G15409063

A.E.T.A.L. Néboa

4.475,00 €

2016/023-1

Feira na porta

G15059876

Asociación EFA Fonteboa

4.920,00 €

2016/025-1

Biosfera 2016. Mariñas coruñesas e terras do Mandeo

G70180807

Asociación de desenvolvemento rural Mariñas-Betanzos

5.000,00 €

2016/026-1

Abrindo portas, abrindo posibilidades

G15071566

Centro Xuvenil Don Bosco

4.948,00 €

2016/027-1

Construíndo un mundo mellor

G70250428

Asociación grupo Scout Chan 292

4.400,00 €

2016/028-1

Actividades de comunicación e novas tecnoloxías 2016

G15433238

Asociación de pais de alumnos Armando Cotarelo Valledor

5.000,00 €

2016/029-1

Coeducación e igualdade na xuventude

G15404403

Asociación xuvenil Brigantium

5.000,00 €

2016/030-1

Emprender no comercio local

G15058977

Asociación EFA Piñeiral

4.900,00 €

2016/031-1

Explorando o paraíso MZ

G70471479

Asociación Eu son Mazaricos

5.000,00 €

2016/032-1

Actividades xuvenís 2016

G15223936

Agrupación folklórica Santiaguiños

5.000,00 €