Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 9982

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de setembro a decembro do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016.

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro-UCEIF para o fomento do emprendemento a través do programa Yuzz 2016.

19.9.2016

20.000,00€

Addenda de modificación do Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Servizos de Ourense para a elaboración dun estudo do sector das augas termais de Ourense.

3.11.2016

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Pontedeume para a reforma e ampliación do mercado municipal.

7.11.2016

1.594.915,00 €

Addenda 2ª ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a mellora de instalacións do Mercado de Abastos, 2ª fase.

18.11.2016

Non ten achega económica

Convenio de colaboracion entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Fundación Once e a Asociación Inserta Empleo para a acreditación da formación impartida no marco do programa operativo de Inclusión Social e Economía Social e do programa operativo de Emprego Xuvenil, cofinaciado polo Fondo Social Europeo.

18.11.2016

Non ten achega económica