Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2017, da Zona de Recadación de Ourense, polo que se dá a coñecer a realización dunha poxa pública de bens e dereitos.

O día 10 de maio de 2017, ás 10.00 horas, na Axencia Tributaria de Galicia en Ourense (sita na rúa Xoán XXIII, nº 33) celebrarase a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

Rexistro da Propiedade do Barco de Valdeorras.

Municipio: O Barco de Valdeorras.

Inscrición: predio: 18874, tomo: 502, libro: 153, folio: 33

100 % do pleno dominio con carácter privativo.

Urbano: garaxe nº 15 sito en avenida de Portugal, s/n, planta soto. Nome: Vegamolinos. Urbanización: Frade. Código postal: 32300

Superficie útil: catorce metros, vinte e seis decímetros cadrados.

Referencia catastral: 5187901PG6958N0015GQ.

4.500,00 €

Non constan

4.500,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

2

Rexistro da Propiedade do Barco de Valdeorras

Municipio: O Barco de Valdeorras

Inscrición: predio: 19743, tomo: 520, libro: 164, folio: 141

100 % do pleno dominio con carácter privativo.

Urbano: trasteiro nº un sito en avenida Bierzo, nº 44, planta soto.

Código postal: 32300. Superficie construída: 3,95 metros cadrados.

746,00 €

Non constan

746,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

3

Rexistro da Propiedade de Ourense nº 1

Inscrición: predio: 50491/G33, tomo: 2132, libro: 1389, folio: 51

100 % do pleno dominio.

Urbano: praza de garaxe nº 33, sito na planta soto segundo, dunha edificación con dous portais, sinalados cos nº 2 e 4, en termos de Vista Hermosa de Ervedelo, estrada de Reza-Seminario, desta cidade. Superficie aproximada de trece metros con sesenta decímetros cadrados.

9.000,00 €

Non constan

9.000,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

4

Rexistro da Propiedade de Ourense nº 1

Inscrición: predio: 50491/G37, tomo: 2132, libro: 1389, folio: 53

100 % do pleno dominio.

Urbano: praza de garaxe nº 37, sito na planta soto segundo, dunha edificación con dous portais, sinalados cos nº 2 e 4, en termos de Vista Hermosa de Ervedelo, estrada de Reza-Seminario, desta cidade. Superficie aproximada de trinta e dous metros e vinte sesenta decímetros cadrados.

12.000,00 €

Non constan

12.000,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

5

Rexistro da Propiedade de Ourense nº 1

Inscrición: predio: 50491/G38, tomo: 2132, libro: 1389, folio: 55

100 % do pleno dominio.

Urbano: praza de garaxe nº 38, sito na planta soto segundo, dunha edificación con dous portais, sinalados cos nº 2 e 4, en termos de Vista Hermosa de Ervedelo, estrada de Reza-Seminario, desta cidade. Superficie aproximada de vinte e un metros con cincuenta decímetros cadrados

10.000,00 €

Non constan

10.000,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

6

Rexistro da Propiedade de Allariz

Inscrición: predio: 12308, tomo: 389, libro: 103, folio: 73

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Urbano: trasteiro nº 10, sito na planta baixa do edificio da rúa Godalla, nº 5 de Allariz-Ourense; ten o seu acceso directo polas zonas comúns do portal do inmoble. Superficie útil duns tres con corenta e cinco metros cadrados.

Referencia catastral: 9312564NG9791S0007RE

927,01 €

Non constan

927,01 €

50,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

7

Rexistro da Propiedade de Allariz

Inscrición: predio: 12309, tomo: 389, libro: 103, folio: 74

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Urbano: trasteiro nº 11, sito na planta baixa do edificio da rúa Godalla, nº 5 de Allariz-Ourense; ten o seu acceso directo polas zonas comúns do portal do inmoble. Superficie útil duns tres con corenta metros cadrados.

Referencia catastral: 9312564NG9791S0008TR

913,58 €

Non constan

913,58 €

50,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

8

Rexistro da Propiedade de Allariz

Inscrición: predio: 12310, tomo: 389, libro: 103, folio: 75

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Urbano: trasteiro nº 12, sito na planta baixa do edificio da rúa Godalla, nº 5 de Allariz-Ourense; ten o seu acceso directo polas zonas comúns do portal do inmoble. Superficie útil duns tres con vinte metros cadrados.

Referencia catastral: 9312564NG9791S0009YT

859,84 €

Non constan

859,84 €

50,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

9

Rexistro da Propiedade de Allariz

Inscrición: predio: 12312, tomo: 389, libro: 103, folio: 77

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Urbano: trasteiro nº 14, sito na planta baixa do edificio da rúa Godalla, nº 5 de Allariz-Ourense; ten o seu acceso directo polas zonas comúns do portal do inmoble. Superficie útil duns tres con dez metros cadrados.

Referencia catastral: 9312564NG9791S0011TR

832,97 €

Non constan

832,97 €

50,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

10

Rexistro da Propiedade de Allariz

Inscrición: predio: 11774, tomo: 381, libro: 98, folio: 142

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Urbano: trasteiro nº 8, sito na planta baixa do edificio da rúa Godalla, nº 5 de Allariz-Ourense; cun portal de acceso cara á dita rúa, polo seu lindante leste. Ten o seu acceso directo polas zonas comúns do portal do inmoble. Superficie útil duns catro con cincuenta e nove metros cadrados.

Referencia catastral: 9312561NG9791S0008QR

1.233,33 €

Non constan

1.233,33 €

50,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

11

Rexistro da Propiedade do Carballiño

Anotación suspensiva de embargo do predio nº 11682, tomo: 581, libro: 79, folio: 5

Urbano: residencial

Situación: lugar Igresario, Pazos, 11, municipio de Boborás en Ourense

Superficie: 62 metros cadrados

Referencia catastral: 000103300NG79C0001GZ

13.164,86 €

Non constan

13.164,86 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

12

Rexistro da Propiedade de Celanova

Inscrición: predio: 16759, tomo: 805, libro: 131, folio: 216

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Urbano: garaxe nº 10, na planta baixa, do edificio sito en termos de Pedra de Moa, actualmente avda. López Blanco, s/n, en Celanova. Ten o seu acceso directamente desde a rúa da súa situación. Mide a superficie útil catorce metros e vinte e cinco decímetros cadrados.

Referencia catastral: 6478402NG8668S0010RQ

4.275,00 €

Non constan

4.275,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

13

Rexistro da Propiedade de Celanova

Inscrición: predio: 16758, tomo: 805, libro: 131, folio: 215

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Urbano: garaxe nº 9, na planta baixa, do edificio sito en termos de Pedra de Moa, actualmente avda. López Blanco, s/n, en Celanova. Ten o seu acceso directamente desde a rúa da súa situación. Mide a superficie útil quince metros e trinta e cinco decímetros cadrados.

Referencia catastral: 6478402NG8668S0009YE

4.605,00 €

Non constan

4.605,00 €

100,00 €

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

14

Rexistro da Propiedade de Celanova

Inscrición: predio: 16757, tomo: 805, libro: 131, folio: 214

100 % do pleno dominio por título de propiedade horizontal.

Urbano: garaxe nº 8, na planta baixa, do edificio sito en termos de Pedra de Moa, actualmente avda. López Blanco, s/n, en Celanova. Ten o seu acceso directamente desde a rúa da súa situación. Mide a superficie útil doce metros e trinta e cinco decímetros cadrados.

Referencia catastral: 6478402NG8668S0008TW

3.705,00 €

Non constan

3.705,00 €

100,00 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real fecreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados, na Zona de Recadación de Ourense, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 %. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación, ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos, se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 % do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 104.7 e 107 do Regulamento xeral de recadación, e de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo que se estime oportuno co límite de seis meses, e poderase presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo establecido, e poderase proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun novo prazo para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

k) O adxudicatario, en uso da facultade que lle outorga o artigo 111.1 do Regulamento xeral de recadación, poderá optar polo outorgamento de escritura pública de venda do ben, debendo asumir o seu custo.

Ourense, 14 de febreiro de 2017

Rafael Torres Lacal
Recadador da Zona de Ourense