Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 3, prioridade de investimento 3 d, e obxectivo temático 1, prioridade de investimento 1 b.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, dáse publicidade á formalización da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 1/16.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.igape.es/contratatacions

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 3, prioridade de investimento 3 d, e obxectivo temático 1, prioridade de investimento 1 b.

c) Lote (se é o caso):

– Lote 1: servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.

– Lote 2: servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa.

– Lote 3: servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.

– Lote 4: servizo de xeración de modelos e simulación industrial.

– Lote 5: servizo de soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade.

– Lote 6: servizo de asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial.

– Lote 7: servizo de acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de márketing dixital.

– Lote 8: servizo de control, avaliación e difusión do programa.

d) CPV (referencia de nomenclatura): lotes 1 ao 8: 79400000-8.

e) Acordo marco (se procede):

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede):

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 18.4.2016, 12.4.2016 e 31.3.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: procedemento aberto.

4. Valor estimado do contrato:

Importe da vixencia inicial: 1.967.000 € máis 413.070 de IVE e 1.967.000 € máis 413.070 de IVE para a prórroga, total: 3.934.000 € máis 826.140 € de IVE, total: 4.760.140 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.967.000 euros.

b) Importe total: 2.380.070 euros.

6. Formalización do contrato:

– Lote 1: servizo de diagnóstico de capacidades e oportunidades para a aplicación de solucións Industria 4.0.

a) Data de adxudicación: 22.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 15.11.2016.

c) Contratista: Teamandtime Solutions, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

1º. Importe neto: 450.000 euros.

2º. Importe total: 544.500 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

– Lote 2: servizo de diagnóstico para a aplicación de solucións dixitais na empresa.

a) Data de adxudicación: 22.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 15.11.2016.

c) Contratista: UTE Estratega Consulting-Fundación CTIC.

d) Importe ou canon de adxudicación:

1º. Importe neto: 400.000 euros.

2º. Importe total: 484.000 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

– Lote 3: servizo de acompañamento na posta en marcha de solucións Industria 4.0.

a) Data de adxudicación: 22.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 23.11.2016.

c) Contratista: Fundación CTIC Centro Tecnológico.

d) Importe ou canon de adxudicación:

1º. Importe neto: 304.000 euros.

2º. Importe total: 367.840 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

– Lote 4: servizo de xeración de modelos e simulación industrial.

a) Data de adxudicación: 22.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 21.11.2016.

c) Contratista: Soltec Ingenieros, S.L.L..

d) Importe ou canon de adxudicación:

1º. Importe neto: 96.000 euros.

2º. Importe total: 116.160 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

– Lote 5: servizo de soporte para a adopción e despregamento de solucións en mobilidade.

a) Data de adxudicación: 22.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 18.11.2016.

c) Contratista: UTE Inova-Balidea.

d) Importe ou canon de adxudicación:

1º. Importe neto: 135.000 euros.

2º. Importe total: 163.350 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

– Lote 6: servizo de asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial.

a) Data de adxudicación: 22.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 21.11.2016.

c) Contratista: UTE Imatia, Cotesa Conpas.

d) Importe ou canon de adxudicación:

1º. Importe neto: 328.000 euros.

2º. Importe total: 396.880 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

– Lote 7: servizo de acompañamento na definición e posta en marcha de estratexias de márketing dixital.

a) Data de adxudicación: 22.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 18.11.2016.

c) Contratista: UTE Eosa. y Estérea Proyectos de Internet, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

1º. Importe neto: 180.000 euros.

2º. Importe total: 217.800 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

– Lote 8: servizo de control, avaliación e difusión do programa.

a) Data de adxudicación: 22.9.2016.

b) Data de formalización do contrato: 18.11.2016.

c) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

1º. Importe neto: 51.060 euros.

2º. Importe total: 61.782,60 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica