Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 196/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 196/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Brais Villar Batalla contra Manuel Cerzon Frojan e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo declarar ao executado Manuel Cerzon Frojan en situación de insolvencia total por importe de 2.013,95 euros en concepto de principal, máis outros 201,39 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional».

Polo que, para os efectos de publicidade, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza