A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos
REF.PER.-2017/01-17 para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de persoal científico-técnico con cargo a diversos proxectos de I+D+i e de cooperación con empresas.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia, nº 4, 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
San Cibrao das Viñas, 21 de febreiro de 2017
Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne