Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia na tramitación do expediente de clasificación do monte denominado Cabaleiro, solicitado a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cesantes, no concello de Redondela.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, rúa Fernández Ladreda, 43-2º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2017

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor

ANEXO

Expediente: monte Cabaleiro.

Persoas interesadas: Isidoro Andrade Cimadevila e María Teresa Caride Alonso.

Acto notificado: apertura do trámite de audiencia no expediente de clasificación do monte Cabaleiro, instado pola CMVMC de Cesantes (Redondela).