Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2016/535-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Svenska Bearing, S.L.

Domicilio social: polígono industrial Sete Pías, parcela nº 34, 36635 Cambados.

Denominación: LMTS, CS polígono industrial Sete Pías, parcela 84.

Situación: Cambados.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 14 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS CBD813 unha vez entre e saia do centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento, con celas modulares baixo envolvente metálica con illamento integral en SF6, situado na parcela 84, do polígono industrial Sete Pías, Cambados.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 12 de setembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra