Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de proposta de resolución do expediente SAI IN 635C 2016/88-1 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 13 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAI IN 635-C 2016/88-1.

Interesado: Sergio Antonio Pérez Moreno.

CIF: 34892177G.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: A Coruña.

Expediente: SAI IN 635-C 2016/84-1.

Interesada: Termial Instalaciones de Calefacción.

CIF: B15886211.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: A Coruña.

Expediente: SAI IN 635-C 2016/86-1.

Interesada: Butano Callao, S.L.

CIF: B15035207.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: Ferrol.

Expediente: SAI IN 635-C 2016/87-1.

Interesada: Liex Mantenimiento Integra, S.L.

CIF: B70273974.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Concello: A Coruña.