Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9855

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 15 de febreiro de 2017 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, pola Orde da Consellería de Facenda do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo superior de Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados

Tribunal titular:

Presidencia:

– Fernando Jorge Mora, funcionario pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría:

– Paula Nieto Grande, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

– María Dolores Rivera Frade, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

– María Isabel Rossell López, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.

– Luis Míguez Macho, profesor titular da Área de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– María Pilar Nieto Tejerina, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría:

– Isabel Álvarez Caramés, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

– Fernando Fernández Leiceaga, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

– Ana Fonte Bouza, funcionaria pertencente ao corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.

– Ana Díaz Martínez, profesora titular da Área de Dereito Civil da Universidade de Santiago de Compostela.