Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2017 Páx. 9917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2013165TA-LU, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 27 de decembro de 2016, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2013165TA-LU, incoado na Xefatura Territorial de Lugo a Evelina Fernández Martínez, como titular do establecemento Café-Bar El Consulado.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto nese artigo, notifícaselle a Evelina Fernández Martínez, como titular do establecemento Café-Bar El Consulado, o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico-Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no terceiro andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2013165TA-LU.

Denunciada: Evelina Fernández Martínez, como titular do establecemento Café-Bar El Consulado.

Documento de identificación: X8101797R.

Último enderezo coñecido: rúa Yáñez Rebolo, 44, Lugo.

Feito imputado: infracción da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco (BOE nº 309, do 27 de decembro), modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro).

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 4.001 €.

Resolución: estimatoria do recurso.