Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mosende, no concello do Porriño.

Unha vez emitido informe favorable á proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mosende, concello do Porriño, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar o sábado 22 de abril de 2017 ás 10.00 horas para o comezo das operacións de apeo, que comezarán no lugar de depósito de augas de Fontes de Vilariño (A Cañota).

Emprázanse os estremeiros e as persoas que acrediten un interese lexítimo para asistiren ao mencionado acto.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os estremeiros que desexen comparecer, poidan presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade na Casa Social de Mosende, Lameiro (Igrexa) s/n, 36413 O Porriño.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra