Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de execución de actuacións na praza e alameda de Covadonga, en Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 40/2016 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=60842

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: execución de actuacións na praza e alameda de Covadonga, en Ourense.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 189.297,95 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 189.297,95 €; importe total: 229.050,52 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 31 de decembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 19 de xaneiro de 2017.

c) Adxudicataria: Proyecon Galicia, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 138.885,00 €; importe total con IVE: 168.050,85 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente e Ordenación do Territorio