Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2017 Páx. 9477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de dous quirófanos híbridos con destino ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e ao Hospital Universitario A Coruña (expediente AB-SER2-16-010. Lote único).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER2-16-010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de dous quirófanos híbridos con destino ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e ao Hospital Universitario A Coruña, polo procedemento aberto e documentalmente simplificado, cofinanciada nun 80 % pola Unión Europea, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7 e obxectivo específico 9.7.1.

c) Lotes: 1 lote.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG núm. 182, do 23.9.2016.

BOE núm. 235, do 29.9.2016.

DOUE DO/S S185, do 24.9.2016 332658-2016-ES.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento sen IVE: 2.198.347,10 €.

Orzamento con IVE: 2.660.000,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote 01: 30.12.2016.

b) Data de formalización do contrato e contratista:

Lote 01: 30.1.2017. Siemens Healthcare, S.L.U.

c) Importe de adxudicación

Orzamento sen IVE: 1.888.897,98 €.

Orzamento con IVE: 2.285.566,56 €.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos