Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0008/2017-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0008/2017-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sita na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 9 de febreiro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0008/2017-PPM.

Persoa interesada: Vasile Cristea.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, s/n, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0014/2017-COP.

Persoa interesada: Belén Cerqueiro Vilanova.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Luis Calvo, 29, Carballo.

Expediente: PSC-CO-0037/2017-TRA.

Persoa interesada: José Botana Zapata.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Logrosa, 19, Negreira.

Expediente: PSC-CO-0048/2017-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Lustres Blanco.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida Barraña, 64, 2º B, Boiro.

Expediente: PSC-CO-0105/2017-PPM.

Persoa interesada: Ruirong Wu.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 2, 2º B, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0127/2017-PPM.

Persoa interesada: Antonio Eiroa Grela.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Calzada, 18, As Barrosas, A Ponte do Porto, Camariñas.