Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9082

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 27 de xaneiro de 2017 pola que se convoca, para a súa provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación.

De conformidade co establecido nos artigos 17 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Axencia Galega de Innovación (praza de Europa, 10-A-6, 15707 Santiago de Compostela), no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A orde de resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto, se se considera oportuno.

Sétimo. O prazo para a toma de posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O prazo posesorio empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da orde de resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computar desde o día seguinte ao da publicación da orde de resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I

Código: IN.C03.00.000.15770.001.

Denominación do posto: secretario/a do director/a xeral.

Dependencia: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: N.

Forma de provisión: LD.

Corpo ou escala: xeral.

Subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.716,22 euros.

Tipo adscrición: A11 (adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.).

Formación específica: para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (RI); coñecementos de informática a nivel usuario (mérito).

missing image file