Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2017, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-18/2016 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo; Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 2 de febreiro de 2017

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: ES LU-18/2016.

Persoa interesada: Julio García González (Pinturas Julio García, S.L.).

NIF: B36683233.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.

Expediente: ES LU-24/2016.

Persoa interesada: Nieves Modia Ferreiro (Nieves Modia e Hijas, C.B.).

NIF: E27317429.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.