Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación dunha subministración sucesiva de gasas e compresas de algodón e tecido sen tecer, e de compresas tocolóxicas e absorbentes infantís (expediente MI-EIL1-17-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

4º. Teléfonos: 982 29 60 47/057/229.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Enderezo electrónico: contratacionadm.eoxi.lugo@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: MI-EIL1-17-003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de gasas e compresas de algodón e tecido sen tecer, e de compresas tocolóxicas e absorbentes infantís con destino ás estruturas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si, 17 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde.

1º. Enderezo: ver pregos.

2º. Localidade e código postal: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si, ver pregos.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33751000-9, 33771100-6, 33141119-7, 33141114-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Valor estimado do contrato: 10.113.393,42 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 3.889.766,70 €.

b) Importe total: 4.304.557,26 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación do/s lote/s, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 16.3.2017.

Se o derradeiro día de presentación de proposicións coincide en sábado, domingo ou festivo na localidade establecida no punto 1.c).3º. desta resolución, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do HULA.

2º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero 1-2º andar.

3º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ver pregos.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública dos sobres B e C.

b) Enderezo: HULA, rúa Doutor Ulises Romero 1-3º andar.

c) Localidade e código postal: Lugo (27003).

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3.2.2017.

12. Outras informacións: ver pregos.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos