Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8920

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2017 pola que se fai pública a formalización dun contrato.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

Nº de expediente: CGSIB/001/16/SE-CAT.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio suxeito a regulación harmonizada.

Denominación do concurso público: servizo de cátering nos centros de día, fogares residenciais e vivendas comunitarias dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (lotes 1, 2, 3 e 4).

Lote 1:

Importe de adxudicación, IVE incluído: 1.946.157,82 €.

Adxudicataria: Coesco Deza, S.L.U.

Data de formalización do contrato: 2.1.2017.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: mellor oferta técnica e a oferta económica é das máis competitivas.

Lote 2:

Importe de adxudicación, IVE incluído: 1.435.960,03 €.

Adxudicataria: Freire Chico, S.L.

Data de formalización do contrato: 2.1.2017.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: oferta técnica situada entre as mellores e mellor oferta económica.

Lote 3:

Importe de adxudicación, IVE incluído: 1.993.019,45 €.

Adxudicataria: Coesco Deza, S.L.U.

Data de formalización do contrato: 2.1.2017.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: mellor oferta técnica e a oferta económica é das máis competitivas.

Lote 4:

Importe de adxudicación, IVE incluído: 1.640.378,23 €.

Adxudicataria: Coesco Deza, S.L.U.

Data de formalización do contrato: 2.1.2017.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: mellor oferta técnica e a oferta económica é das máis competitivas.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, no punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar