Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2017 Páx. 8864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato non harmonizado das obras de reforma das plantas sexta e sétima, para a súa posta en funcionamento e actuacións varias de adaptación á normativa, na Residencia de Maiores de Caranza-Ferrol (A Coruña), contratación documentalmente simplificada (expediente 80/2015).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 80/2015.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=23727

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obra

b) Descrición do obxecto: obras de reforma das plantas sexta e sétima para a súa posta en funcionamento e actuacións varias de adaptación á normativa na Residencia de Maiores de Caranza-Ferrol (A Coruña), situada na rúa Pardo Bazán s/n, 15406 Ferrol.

CPA: 41.00.3.

CPV: 45000000-7.

c) División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 748.061,89 €. IVE: 157.093,00 €. Importe total: 905.154,89 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17 de marzo de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 30 de marzo de 2016.

c) Contratista: Obras y Viales de Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Sen IVE: 612.743,80 €. IVE: 128.676,20 €. Total: 741.420,00 €.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social