Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Empresarios e Profesionais de Novo Mesoiro.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Emprego Autónomo da Secretaría Xeral de Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Empresarios e Profesionais de Novo Mesoiro, da que se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: concello da Coruña.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: servir de núcleo de converxencia e representación en canto á promoción e defensa dos valores humanos, sociais e profesionais das persoas na súa condición de empresarias, así como servir de apoio a todo novo proxecto no ámbito laboral e empresarial.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, maiores de idade, que teñan a calidade de empresarias.

Asinantes da acta de constitución: Inocencio Suárez Regueira, Mª Asunción Catoria Novo, Juan Diego Pereiro Areán, Mª Fe Fuentefría Rodríguez, Sergio Manuel Franco Freire, Isago Caruncho Méndez, Mª Carmen Martínez Tajes, Susana Terrón Pérez, Alicia Barreiro Búa e Alberto Laffon Lage.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego