Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8429

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 17/2017, do 2 de febreiro, polo que se aproba o cambio de titularidade da totalidade da LU-P-5209, cunha lonxitude de 550 metros, e da LU-P-0610, cunha lonxitude de 1.764 metros, a prol do Concello de Ribadeo.

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

A Deputación Provincial de Lugo, o día 26.7.2016 adoptou o acordo de cambio de titularidade a prol do Concello de Ribadeo das estradas LU-P-5209 e LU-P-0610, e solicita á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o mencionado cambio.

Ao abeiro das previsións legais, o Concello de Ribadeo en sesión plenaria levada a cabo o día 22.9.2016 aceptou a cesión de titularidade das vías provinciais:

1. LU-P-5209 (N-634 á praia das Catedrais) entre o p.q. 0+000 (orixe na intersección coa N-634 na Rochela) e p.q. 0+550 (final intersección coa LU-P-0610 na praia das Catedrais) cunha lonxitude de 550 m.

2. LU-P-0610 (enlace praias Altar-Reinante-Os Castros) treito comprendido entre o p.q. 8+620 (actual intersección en glorieta coa LU-P-5209) e o p.q. 10+384 (final na intersección coa LU-P-5206 na praia dos Castros) cunha lonxitude de 1.764 m.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de febreiro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello de Ribadeo:

1. LU-P-5209 (N-634 á praia das Catedrais) entre o p.q. 0+000 (orixe na intersección coa N-634 na Rochela) e o p.q. 0+550 (final intersección coa LU-P-0610 na praia das Catedrais) cunha lonxitude de 550 m.

2. LU-P-0610 (enlace praias Altar-Reinante-Os Castros) treito comprendido entre o p.q. 8+620 (actual intersección en glorieta coa LU-P-5209) e p.q. 10+384 (final na intersección coa LU-P-5206 na praia dos Castros) cunha lonxitude de 1.764 m.

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Ribadeo deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire o presente decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Corresponderanlle ao Concello de Ribadeo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de febreiro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda