Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/AG/2014/00063.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Juan José Bande López a resolución do recurso de alzada RA/AG/2014/00063 do 5 de decembro de 2016, interposto contra a resolución do director de Augas de Galicia do 18 de marzo de 2014, ditada no expediente DH.W15.43458.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 10.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de 2 meses contados desde o seguinte o da comparecencia, ou ao da publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio