Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 2017 Páx. 8617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 8 de febreiro de 2017, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Viveiro, por parte do Casino de Viveiro Club Náutico, con destino á explotación de edificación para usos náuticos recreativos e complementarios.

Mª Dolores Rosado Gutiérrez, actuando en nome e representación do Casino de Viveiro Club Náutico, presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Viveiro con destino á explotación de edificación para usos náuticos recreativos e complementarios.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de febreiro de 2017

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia