Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2017 polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia (expediente IN421A-16X-39 e seis máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (aplicable segundo o disposto na disposición transitoria da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), despois dos intentos de notificación persoal previstos nesa mesma norma, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Os actos administrativos derivan do procedemento de axudas aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos de enerxías renovables (IN421A), cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Instituto Enerxético de Galicia, situada na rúa Avelino Pousa Antelo, núm. 5 (San Lázaro), en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Código de solicitud

Interesado/a

Acto administrativo que se notifica

IN421A-16X-39

María Ángeles Díez González

Notificación de resolución de pagamento

IN421A-16A-608

Montserrat Belén Rodríguez Brisaboa

Notificación de resolución de pagamento

IN421A-16X-44

María del Pilar Sío Díez

Notificación de resolución de pagamento

IN421A-16A-74

Valentín Vázquez González

Notificación de resolución de pagamento

IN421A-16X-195

Óscar Manuel Boo Ferro

Notificación de resolución de arquivamento

IN421A-16X-263

Santiago Iván Vázquez Potente

Notificación de resolución de arquivamento

IN421A-16A-286

Francisco Miguel Pérez Alonso

Notificación de resolución de aceptación de renuncia