Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0320/2016-PPM e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0320/2016-PPM e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentaren cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 2 de febreiro de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-FE-0320/2016-PPM.

Persoa interesada: Francisco Javier Rodríguez Perille.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Portanova, 14, 5º, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0321/2016-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Santiago Arnoso.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avda. das Pías, 29, 2º, Fene.

Expediente: PSC-FE-0335/2016-PPM.

Persoa interesada: José Luis López Dopico.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avda. de Castela, 40, 2º B, Ferrol.

Expediente: PSC-FE-0336/2016-PPM.

Persoa interesada: Ezequiel Gabarre Salazar.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Mestre López Dafonte, 23, bl. 7, 6º esqda., Ferrol.

Expediente: PSC-FE-341/2016-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Ferreiro Sánchez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lugar do Chao da Aldea, Maniños, 12, Fene.