Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2017 Páx. 8348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/107-2, 8416 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma e telemando CD Mar Cantábrico (7463).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Reforma do CT existente non prefabricado Mar Cantábrico, cunha potencia máxima admisible de 1.250 kVA e unha potencia instalada de 630 kVA máis 250 kVA, no que se realizan dous depósitos de recollida de aceite, desmontaxe de embarrados, aparamenta, ferraxes e mamparas, construcción de dúas mamparas de protección de transformador, pintado de paredes, chan e teito, construción dunha ventá de ventilación na porta. Instálanse dúas celas de liña, dúas de protección de transformador, un circuíto de terras interior, circuíto de emerxencia e iluminación, armario de BT e ampliación.

2. Telemándanse dúas celas de liña correspondentes á LMT dirección CD Manzano 2 e LMT CD Mar Cantábrico 23.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de xaneiro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo