Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 637/2016, interposto por Francisco González González.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 637/2016, interposto por Francisco González González contra a Resolución da Consellería de Facenda, do 20 de xullo de 2016, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado mediante a Resolución do 19 de maio de 2015.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública