Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2017 Páx. 8151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e trámitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obra para a rehabilitación dun edificio para unha vivenda de promoción pública e un local comercial na rúa Clérigos, número 13, Betanzos (A Coruña) (expediente C-2012/CH 03).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: obras de rehabilitación dun edificio para unha vivenda de promoción pública e un local comercial.

b) Prazo de execución: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: cento oitenta e cinco mil catrocentos un euros con oitenta e catro céntimos (185.401,84 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): dezaoito mil cincocentos corenta euros con dezaoito céntimos (18.540,18 €).

c) Importe total: douscentos tres mil novecentos corenta e dous euros con dous céntimos (203.942,02 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación:

O PCAP e prego de prescricións técnicas polos cales se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación nos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) e consultarse na páxina da internet: http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=109823. Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/350.

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro dos servizos centrais do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes:

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B (proposicións técnicas) e do sobre C (proposicións económicas e criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres (3) días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio:

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo