Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se somete a información pública o anteproxecto de Lei do patrimonio natural de Galicia.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, y para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao estableceren ou tramitaren os procedementos que resulten de aplicación, velarán para que se informe o público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Dentro das materias sobre as cales as administracións públicas deben asegurar que se observen as garantías en materia de participación, atópase a de conservación da natureza e da diversidade biolóxica, segundo o artigo 18 da Lei 27/2006, do 18 de xullo.

Unha vez iniciada a tramitación do anteproxecto de Lei do patrimonio natural de Galicia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o anteproxecto de Lei do patrimonio natural de Galicia.

Segundo. Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do anteproxecto de lei no seguinte enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

• Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: dxpn.cmot@xunta.gal

• Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Dirección Xeral do Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin no enlace do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio