Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial dunha planta de fabricación de formol, colas e resinas e xestión de residuos de hidrocarburos, situada no concello de Mugardos (A Coruña). Titular: Forestal del Atlántico, S.A. (expediente 2016-IPPC-M-20).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos os documentos titulados:

– Proxecto básico de modificación substancial. Reforma e mellora da liña de tratamento de MARPOL.

– Informe de situación de solos. Proxecto básico de modificación substancial. Reforma e mellora da liña de tratamento de MARPOL.

Para que calquera persoa interesada poida consultalos e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que consideren convenientes. Os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Expediente: 2016-IPPC-M-20.

Peticionaria: Forestal del Atlántico, S.A.

Domicilio social e localización da instalación: estrada Punta Promontorio, s/n. Mugardos (A Coruña).

Descrición da modificación:

A modificación prevista da reforma e mellora das actuais instalacións de tratamento de hidrocarburos implantarase nos espazos dispoñibles das actuais instalacións e nos espazos adxuntos ata unha superficie total de actuación de 1.300 m2, aproximadamente.

O proxecto presentado modificará as instalacións existentes incluíndo:

– Procesos de desmetalización ácida e destilación flash.

– Centrifugación de dobre etapa.

– Zona de almacenamento de produtos químicos para tratamento de desmetalización.

– Estación depuradora de augas residuais.

– Ampliación de sistemas contra incendios.

– Ampliación da zona de servizos auxiliares.

Prevese unha implantación do proxecto en dúas fases sucesivas, con capacidades unitarias de xestión máxima de hidrocarburos de 40.000 t/ano cada fase.