Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de remodelación da praza do Concello e da súa contorna, no concello de Sober (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 28/2016 U.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=55652

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra de remodelación da praza do Concello e da súa contorna no Concello de Sober (Lugo).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 202.479,34 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 202.479,34 €. Importe total: 245.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 16 de decembro de 2016.

c) Adxudicataria: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 153.945,04 €. Importe total con IVE: 186.273,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil de contratante.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2017

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio