Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2017 Páx. 7817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 733/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 733/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Liliana Bogado Silva contra Araceli Iglesias Nalgo e o Fondo de Garantía Salarial, se ditou auto de aclaración coa seguinte parte dispositiva:

Parte dispositiva:

Accedo á rectificación interesada e, en consecuencia, no feito probado primeiro da sentenza onde di: “desde o 3 de xaneiro de 2013 ata o 2 de febreiro de 2013”, debe dicir: “desde o 3 de xaneiro de 2013 ata o 22 de febreiro de 2013”.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan contra a sentenza.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas para a súa unión coa sentenza rectificada e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Araceli Iglesias Nalgo, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza