Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7611

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da subministracion de material de farmacia para a Unidade Asistencial de Drogodependencias.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 29 de decembro de 2016, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 39/16).

2. Obxecto do contrato: subministración de material de farmacia para a Unidade Asistencial de Drogodependencias.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto/acordo marco.

4. Orzamento base de licitación: 15.000 €/anuais. Prezos unitarios indicados nos pregos. Prazo de execución 1 ano (posibilidade dunha prorroga).

5. Garantías: non se exixe, de conformidade co establecido no artigo 95 do TR-LSCP, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúa antes do pago do prezo.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 3 de xaneiro de 2016

Eva García de la Torre
Alcaldesa