O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O nomeamento de José Manuel Cores Tourís como vogal representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.
Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar