Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7153

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social, e se convocan para o ano 2017.

BDNS (Identif.): 332011.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

– As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.

– Os concellos de Galicia, a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios, dun consorcio local ou dunha agrupación dun mínimo de catro concellos que pertenzan a unha mesma zona, nos termos e para as actuacións previstas no programa II.

– As fundacións e asociacións, as cámaras de comercio, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais, universidades e outras entidades sen ánimo de lucro, sinaladas nas alíneas d), e), f) e g) do número 1 do artigo 5 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento, que teñan formalizada a súa adhesión a esta rede por medio de convenio de colaboración, asinado con anterioridade á publicación desta orde, para as actuacións e nos termos previstos no programa III.

Segundo. Obxecto e finalidade

Realizar actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:

– Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (programa I).

– Oficinas locais de fomento cooperativo e da economía social (programa II).

– Apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social (programa III).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social, e se convocan para o ano 2017 (http://www.traballo.xunta.es).

Cuarto. Contía

O orzamento total ascende a un millón cincuenta e catro mil cento trinta euros (1.054.130 €) e a distribución inicial de créditos por programas é a seguinte: programa I, 624.130 €; programa II, 300.000 €, e programa III, 130.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Para os programas I e II, unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria