Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2017 Páx. 7542

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 966/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento seguridade social 966/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Martínez Domínguez contra Estructuras Cubafer, S.L., Axencia Estatal da Administración Tributaria, Ute Lavacolla, Copcisa, Landro Albañilería, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Peri, S.A.U., Construcciones Corsan Corviam, Tecnología de la Construcción, Deloitte Abogados, sobre seguridade social, se acordou citar a Copcisa e a Tecnología de la Construcción, S.L., en paradoiro descoñecido, para que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 Santiago de Compostela, o día 20.2.2017, ás 10.20 horas, co fin de celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse. Advírtese que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Así mesmo, advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Copcisa e a Tecnologia de la Construcción, así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido a presente cédula.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro do 2017

A letrada da Administración de xustiza