Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6995

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, polo procedemento aberto e documentalmente simplificado, do servizo de mantemento dos equipamentos de tecnoloxía convencional situados nas unidades clínicas do Hospital Álvaro Cunqueiro, O Meixoeiro de Vigo e Santa María Nai de Ourense (expediente AB-GLR1-17-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento Económico-Administrativo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo do Sergas, San Lázaro, s/n, 3º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 981 57 76 50.

5º. Telefax: 981 57 78 43.

6º. Correo electrónico: odilo.garcia.rivela@sergas.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: AB-GLR1-17-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento dos equipamentos de tecnoloxía convencional situados nas unidades clínicas que Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. xestiona nos hospitais Álvaro Cunqueiro, O Meixoeiro de Vigo e Santa María Nai de Ourense.

c) División por lotes/partidas e número deles/as: non.

d) Prazo de execución: 1 ano.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 50420000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver o punto 6.5 do prego condicións xurídicas.

4. Valor estimado do contrato: 122.560 €, IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 61.280 €.

b) Orzamento con IVE: 74.148,80 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de condicións xurídicas.

b) Solvencia técnica: ver o prego de condicións xurídicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día que se sinale no perfil do contratante.

b) Documentación que deben presentar: ver o prego de condicións xurídicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Edificio Administrativo do Sergas, 3º andar, San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do TRLCSP.

f) Outras informacións: toda información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: no lugar, na data e na hora que se estableza no perfil do contratante: www.sergas.es.

b) Enderezo: Edificio Administrativo do Sergas, San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver os pregos de condicións xurídicas.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.