1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 2017/PA/0018.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o desenvolvemento e execución de diversos servizos de apoio á Axenda dixital de Galicia: Plan de difusión e dinamización do desenvolvemento dixital de Galicia mediante actuacións de divulgación das iniciativas tecnolóxicas no marco da Axenda dixital de Galicia que contribúan ao coñecemento e aproveitamento destas por parte da sociedade galega; e servizo de soporte e asesoramento especializado en normas técnicas e estándares para o desenvolvemento da Administración dixital.
b) División por lotes e número: non.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 18 meses contados a partir do 1 de maio de 2017. Se a data de formalización do contrato fose posterior a esta última, o prazo de execución de 18 meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 207.900,00 € (douscentos sete mil novecentos euros), máis 43.659,00 € (corenta e tres mil seiscentos cincuenta e nove euros) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 251.559,00 € (douscentos cincuenta e un mil cincocentos cincuenta e nove euros), que se distribúe nas seguintes anualidades:
2017: 92.400,00 € + IVE (19.404,00 € )=111.804,00 €.
2018: 115.500,00 € + IVE (24.255,00 € )=139.755,00 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=109738
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Entidade: Rexistro da Amtega.
2º. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia