Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2017 Páx. 6979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2017 pola que se fai público o acordo de desistencia dun procedemento de adxudicación de obras (expediente 6/2015/CNTOB).

Mediante o Acordo do 30 de xaneiro de 2017, o presidente de Portos de Galicia, sobre a base do disposto na proposta formulada polo director e en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia; polo artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, resolveu desistir do procedemento de adxudicación do contrato, licitado mediante a Resolución do 3 de febreiro de 2016, publicada no DOG número 26, do 9 de febreiro, para a execución das obras de dragaxe no porto de Laxe (A Coruña), ao abeiro do establecido no artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a causa dunha infracción non emendable das normas reguladoras do procedemento de adxudicación na fase de redacción e aprobación do proxecto das obras de referencia, debidamente xustificada na devandita proposta de desistencia do procedemento, que está publicada, xunto co referido acordo de desistencia, no perfil do contratante desta entidade pública (www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23972).

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, ou, potestativamente, recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente resolución (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia