Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017 Páx. 6771

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro,
novembro e decembro do ano 2016

Descrición

Importe

Data

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a innovación no ámbito da formación en hostalaría.

Sen custo económico

15.9.2016

Addenda ao Acordo de colaboración do 12 de maio de 2015, entre a Consellería do Mar e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a acreditación da formación impartida pola primeira dirixida á cualificación profesional do colectivo de redeiras.

Sen custo económico

21.9.2016

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de sistemas de información vinculados á xestión pesqueira para a promoción, mellora da comercialización e da rastrexabilidade dos produtos pesqueiros.

583.600,00 €

23.9.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a asociación candidata a grupo de acción local do sector pesqueiro «Grupo de acción local do sector pesqueiro Golfo Ártabro Sur» para a elaboración dunha estratexia de desenvolvemento local participativo no período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020.

22.000,00 €

28.10.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar (antes Consellería do Medio Rural e do Mar), e o Consello Superior de Investigacións Científicas, a través do Instituto de Investigacións Mariñas, para a realización da acción de investigación Epidemioloxía da enfermidade causada por Marteillia cochillia nas poboacións do berberecho Cerastoderma edule de Galicia.

Sen custo económico

14.12.2016