De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, a resolución dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención número 12150220/2007 (Orde do 9 de maio de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2007, axudas para o fomento das frondosas caducifolias).
A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.
Concédeselle á interesada un prazo dun mes, contado a partir do seguinte á notificación da resolución, no que poderá interpoñer potestativamente o recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte o da súa notificación, consonte ao disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que a interesada poida exercer calquera outro que coide pertinente.
O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2017
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2016 no expediente de subvención núm. 12150220/2007.
Interesada: CMVMC San Cristóbal de Abanqueiro.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: lugar Chazo, 29, 15938 Boiro (A Coruña).