Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6668

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2990/2016-GA).

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 110/2016 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: María Olga Alonso García

Avogado: José Benito Vázquez Estévez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesoraría Xeral da Seguridad Social, Manuel Rey e Hijos, S.A.

Abogado/a: Serv. Xurídico Seg. Social, Tesoraría Xral. Seguridade Social

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2990/2016-GA desta sala, seguido por instancia de María Olga Alonso García contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Rey e Hijos, S.A. sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante, contra a sentenza de data 15.4.2016, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en autos 110/2016, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta TSX Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Rey e Hijos, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza