Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6658

IV. Oposicións e concursos

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2017 pola que se resolve o concurso para a provisión dun posto de letrado/a vacante, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2016.

O 21 de decembro de 2016 o Pleno do Consello Consultivo de Galicia acordou, de conformidade co establecido no artigo 15.f) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobar as bases do concurso para a provisión dun posto de traballo vacante do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 13.l) do Decreto 91/2015, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia resolveu, con data do 21 de decembro de 2016, convocar o concurso para a provisión dun posto de letrado/a vacante no cadro de persoal deste organismo (DOG núm. 245, do 26 de decembro).

A comisión de valoración de méritos do concurso tras a súa xuntanza do día 2 de febreiro de 2017, acordou elevar a esta presidencia a proposta definitiva de resolución do concurso.

De conformidade coa Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, co artigo 13.I) do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galicia, aprobado polo Decreto 91/2015, do 18 de xuño, e co previsto na base VII da citada convocatoria e á vista da proposta de resolución antes citada da comisión de valoración de méritos do concurso para a provisión dun posto de letrado/a vacante no Consello Consultivo de Galicia, esta presidencia

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino á persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta resolución, no posto de traballo que se indica, conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada pola Resolución do 21 de decembro de 2016 e á vista do contido do expediente tramitado para tal fin.

Segundo. De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo de toma de posesión comezará a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o mesmo día ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso; neste caso poderá optar por un dos dous.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Presidencia do Consello Consultivo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2017

José Luis Costa Pillado
Presidente do Consello Consultivo de Galicia

ANEXO

Apelidos e nome: López Guizán, Ana Mª.

NRP: 3332631957 206H.

Grupo/subgrupo: A/A1.

Corpo ou escala: letrados do Consello Consultivo de Galicia.

Denominación do posto: letrado/a.

Código de posto: CCG 005.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Consello Consultivo de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Puntuación: 23 puntos.