Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6469

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación da subministratción de combustible durante o ano 2017 para o parque móbil e de maquinaria na zona de influencia da nave da Área de Infraestruturas en Bande.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración de combustible durante o ano 2017 para o parque móbil e de maquinaria da Deputación de Ourense na zona de influencia da nave da Área de Infraestruturas en Bande, cun gasto autorizado de 47.933,88 € (IVE excluído). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, ao cal se poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente (988 31 75 40) perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non son simultáneos).

Ourense, 24 de xaneiro de 2017