O Concello de Cambados formula proposta relativa á clasificación do posto de tesouraría do Concello, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, pertencente á subescala de Intervención-Tesouraría, conforme o Acordo adoptado polo Pleno en sesión que tivo lugar, o día 25 de febreiro de 2016, sobre aprobación inicial da modificación da relación de postos de traballo onde figura o posto de tesouraría reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional, publicado no Boletín Oficial da provincia, número 45, do 7 de marzo de 2016, sen que se presentase ningunha alegación. O dito acordo quedou definitivamente aprobado e publicouse integramente a relación de postos de traballo no Boletín Oficial da provincia, núm. 72, do 15 de abril de 2016.
O artigo 92 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, modificada pola Lei 27/2013, do 30 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, establece a previsión xeral de que as funcións de contabilidade, tesouraría e recadación teñen o carácter de funcións públicas necesarias reservadas a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional en todas as corporacións locais.
Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, modificado polo Real decreto 834/2003, do 27 de xuño, e demais normativa concordante de aplicación, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.e) da Lei do emprego público de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 14 de maio de 2013 sobre delegación de competencias,
RESOLVE:
Primeiro. Clasificar o posto de traballo de tesouraría, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional pertencente á subescala Intervención-Tesouraría, do Concello de Cambados (Pontevedra), como se especifica no anexo que se xunta á dita resolución.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2016
Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración local
ANEXO
Corporación: Cambados.
Posto: tesouraría.
Subescala: Intervención-Tesouraría.
Forma de provisión: concurso.