Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2017 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares publicado mediante Resolución do 13 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de apoio técnico para a coordinación e xestión de infraestruturas tecnolóxicas comúns da Xunta de Galicia (expediente 2017/PA/0009).

Como consecuencia da corrección de erros no prego de cláusulas administrativas particulares para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 13 de xaneiro de 2017 (data de envío ao DOUE), e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 13 de xaneiro, procédese a:

Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=101565

Segundo. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 8 da dita resolución.

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificador ao Diario Oficial de la Unión Europea: 3.2.2017.

A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 6 de marzo de 2017.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia