Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2017 Páx. 6425

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 240/2015).

PO. Procedemento ordinario 240/2015

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Antonio José Mosqueira Amado

Avogado: José Manuel Vales Raña

Demandada: Eurográficas Pichel, S.L.

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 240/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio José Mosqueira Amado contra Eurográficas Pichel, S.L. sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 240/2015, nos cales son parte, como demandante, Antonio José Mosqueira Amado, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, e, como demandada, Eurográficas Pichel, S.L., que non comparece a pesar da súa citación en legal forma, igual que o administrador concursal Sr. Lamela Méndez e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes (...)

E cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Estímase a demanda interposta por Antonio José Mosqueira Amado contra Eurográficas Pichel, S.L., tendo sido citado Miguel Ángel Lamela Méndez en calidade de administrador concursal e, en consecuencia, condénase Eurográficas Pichel, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 2.131,50 euros como salarios debidos, aos cales se lles aplica o xuro do 10 %. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade, se for o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eurográficas Pichel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza