Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 8 de febreiro de 2017 Páx. 5851

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de provisión do posto de traballo de secretaría de concellaría, polo sistema de libre designación.

Mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 15 de decembro de 2016, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de secretaría de concellaría deste concello, aprobada mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 27 de xuño de 2016, modificada mediante a Resolución do 16 de agosto (DOG núm. 188, do 3 de outubro).

Segundo. Adxudicar a Mª Salomé Fernández-Albalat García o posto de traballo de secretaria de concellaría, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 28 de xullo de 2014 e coas características que se describen na seguinte táboa:

Apelidos e nome

CD Dpt.

Dpto.

Pto. traballo

Gr

N

Escala

Fernández-Albalat García, Mª Salomé

GA5000

Secret. concelleiros

Secret. concellaría

C1/C2

18

AG

Terceiro. O expresado nomeamento producirá efectos a partir da data de toma de posesión de posto de traballo obxecto desta convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, fosen concedidos ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíqueselles a presente resolución á interesada, ao director da Área de Rexeneración Urbana e Vivenda e ao concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Eugenia Vieito Blanco
Concelleira delegada de Facenda e Administración